
Desviar chamadas á súa caixa de correo de voz ou a outro
número de teléfono
Se non pode responder ás súas chamadas, pode desviar as chamadas entrantes á
súa caixa de correo de voz ou a outro número de teléfono.
Seleccione Menú > Axustes e Chamando > Desvíos > Chamadas de voz.
O desvío de chamadas é un servizo de rede. Para obter máis información, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.
Desviar todas as chamadas de voz á súa caixa de correo de voz — Seleccione
Todas as chamadas de voz > Activar > Á caixa de correo de voz.
Desviar todas as chamadas de voz a outro número de teléfono
1. Seleccione Todas as chamadas de voz > Activar > A outro número.
2. Introduza o número ou seleccione Atopar para utilizar o número gardado na
súa lista de contactos.
É posible activar ao mesmo tempo varias opcións de desvío, como Se está
ocupado e Se non responde.
Na pantalla de inicio,
indica que todas as chamadas están desviadas.
O desvío e a restrición de chamadas non poden estar activos ao mesmo tempo.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas
(coma a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa),
Axustes
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
161

pode que sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar
activos ao mesmo tempo.