
Aumento da duración da batería
Neste dispositivo existen moitas funcións que aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería. Para aforrar enerxía da batería, teña en conta o
seguinte:
Axuda
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
14

● O consumo de batería aumenta coas funcións que utilizan a conectividade
Bluetooth, ou cando permite que estas funcións se executen en segundo plano
mentres utiliza outras. Desactive a conectividade Bluetooth cando non a
necesite.
● Se seleccionou Conexión paquetes datos > Se está dispoñible nos axustes
de conexión e non existe cobertura de paquete de datos (GPRS), o dispositivo
tenta establecer periodicamente unha conexión de paquete de datos. Para
aumentar a duración do funcionamento do teléfono, seleccione Conexión
paquetes datos > Se cómpre.
● A aplicación Mapas descarga nova información do mapa cando vostede se
despraza ata novas zonas deste, o que aumenta o consumo de enerxía da batería.
É posible evitar a descarga automática de novos mapas.
● Se a potencia do sinal da rede móbil varía considerablemente na súa zona, o
dispositivo buscará a rede dispoñible repetidamente. Isto aumenta o consumo
da enerxía da batería.
Se se axusta o modo de rede en modo dual nos axustes de rede, o dispositivo
buscará a rede 3G. Para que o teléfono utilice só a rede GSM, seleccione Menú >
Axustes e Conectividade > Rede > Modo de rede > GSM.
● A luz de fondo da pantalla aumenta o consumo da enerxía da batería. Nos axustes
de pantalla, é posible axustar o brillo da pantalla e modificar o tempo de espera
tralo cal se apaga a luz de fondo. Seleccione Menú > Axustes e Teléfono >
Pantalla > Brillo ou Duración luz.
● Deixar que as aplicacións se executen en segundo plano aumenta o consumo de
enerxía da batería. Para acceder as aplicacións que non está usando, manteña
premida a tecla de menú e seleccione a aplicación.