
Asistencia técnica
Se desexa obter máis información verbo do uso do seu produto ou se non está
seguro do funcionamento do seu teléfono, consulte a páxina www.nokia.com/
support, ou se está utilizando un dispositivo móbil, a páxina www.nokia.mobi/
support. Tamén pode seleccionar Menú > Axuda no seu dispositivo.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:
● Reinicie o dispositivo. Apague o dispositivo e saque a batería. Agarde un minuto
aproximadamente, volva colocar a batería e acenda o dispositivo.
● Restaure os axustes orixinais de fábrica.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
11

● Actualice o software do dispositivo.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de reparación. Consulte a páxina
www.nokia.com/repair. Antes de enviar o dispositivo a reparar, garde sempre unha
copia de seguridade dos datos do dispositivo.